InicioVigo e contornaO PorriñoA alcaldesa do Porriño, ante a súa dimisión: "machacáronme por ser muller"

A alcaldesa do Porriño, ante a súa dimisión: “machacáronme por ser muller”

Abandona o cargo para evitar unha moción de censura tras o acordo entre EU SON e o PP.

PUBLICADO O

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, confirmou este martes o que xa anunciara hai días para evitar unha moción de censura que dea o goberno local ao PP, a súa dimisión como rexedora desta localidade. Nunha rolda de prensa, na que estivo acompañada polos concelleiros do seu grupo municipal, García da Torre anunciou, visiblemente emocionada, a presentación da súa renuncia, que se formalizará este mesmo martes no rexistro municipal, e que cualificou como “un servizo” ao seu pobo, onde seguirá sendo concelleiro e portavoz do grupo socialista.

A rexedora confirmou que deixa a Alcaldía para non ser “un obstáculo” á continuidade dun goberno de esquerdas, pero admitiu que se vai “con amargura”. “Fun unha alcaldesa á que machucaron por ser muller, destacouse o meu peso, a miña aparencia e a miña orientación sexual, por parte dunha xauría covarde amparada no anonimato das redes”, lamentou.

Eva García da Torre, que en 2015 converteuse na primeira muller á fronte do Concello do Porriño en democracia, confirmou que, tras a presentación da dimisión, convocarase un pleno para dar conta da renuncia e logo abrirase un prazo de 10 días para celebrar outra sesión, a de investidura do novo rexedor ou rexedora. O grupo socialista proporá á segunda da lista, Lourdes Moure, para asumir o bastón de mando.

CRISE DE GOBERNO

A crise de goberno no Porriño viña larvándose dende hai meses, coas críticas o grupo EU SON sobre a xestión da rexedora. Este grupo non só denunciou as formas de Eva García de la Torre, senón que tamén cuestionou a súa aptitude para gobernar tras ser investigada xudicialmente por supostas irregularidades relacionadas con esa xestión municipal.

Tras manter contactos co PSOE e co BNG (socios do goberno local) encamiñados a desprazar á alcaldesa e que non deron os seus froitos, EU SON anunciou que negociaría co PP a opción da moción de censura, sempre que os ‘populares’ aceptasen certos compromisos: maior transparencia, control da Policía Local, auditoría das finanzas municipais, etc.

O grupo municipal do PP aceptou esas condicións e, tras a asemblea do pasado domingo, todo parecía indicar que habería un cambio de goberno no Porriño. A dimisión de Eva García de la Torre abre agora unha nova etapa, na que parece viable que O Porriño manteña un goberno de esquerdas, aínda que quedaría por concretar quen será a persoa que asuma o mando do goberno local.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...

A tenista galega Jessica Bouzas ve “un soño cumprido” xogar a primeira rolda do Manolo Santana

A nova tenista galega Jessica Bouzas mostrouse "supercontenta" da súa vitoria deste mércores ante...