InicioCulturaComeza a semana grande do Festival de Cans cunha exposición de María...

Comeza a semana grande do Festival de Cans cunha exposición de María Meijide

A inauguración da exposición será a primeira actividade da semana grande do festival, que se celebrará entre o mércores e o sábado.

PUBLICADO O

A semana grande do Festival de Cans inaugúrase este martes coa exposición da compostelá María Meijide, segundo informa a organización.

A pintora visitou o certame hai tres anos, fixo varias residencias artíticas na aldea e desenvolveu o proxecto que se expón agora no Círculo Recreativo Cultural de Porriño.

Nun comunicado, os organizadores explican que “despois da boa acollida da retrospectiva Kleber Mendonça Filho o pasado fin de semana, continúan as actividades previstas do festival, coa inauguración, ás 20,00 horas deste martes, da exposición ‘O sur de Galicia parece de Hopper’ Cadernos de Cans”.

Nela, a artista plástica María Meijide presenta os traballos que fixo en Cans nos últimos anos. A pintora traballou neste proxecto a partir de motivos da aldea e a súa paisaxe natural e humano.

A inauguración da exposición será a primeira actividade da semana grande do festival, que se celebrará entre o mércores e o sábado.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...