A Policía Local do Porriño pásase ao coche híbrido

Novo coche/ O Porriño

A Policía Local do Porriño dispón xa dun novo coche, adquirido polo sistema de ‘renting’, que vén “tanto para iniciar a renovación do parque deste corpo, que conta con vehículos de máis de 15 anos de antigüidade e algún deles superando os 350.000 quilómetros, coma a facer unha aposta polo coidado do medio ambiente”.

O novo coche, un Citroen DS, modelo 5, que foi recibido pola concelleira de Seguridade, Lourdes Moure, e polo xefe da Policía, Daniel Rodríguez, supón que O Porriño pasa a ter un vehículo do que dispoñen moi poucos concellos e, ademais, segundo subliña o xefe da Policía, “mellora e actualiza os nosos medios, preserva a seguridade dos axentes e, o máis importante, mellora notablemente o servizo aos cidadáns”.

“Os coches híbridos aportan beneficios para o medio ambiente grazas ao seus baixos consumos globais, á posibilidade de condución en modo EV (eléctrico) e as baixas emisións que emite á atmosfera”, concluíron dende o Concello.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here