InicioSociedadeA alcaldesa do Porriño inhabilitada 6 meses para exercer a avogacía por...

A alcaldesa do Porriño inhabilitada 6 meses para exercer a avogacía por deslealdade profesional

Os feitos remóntanse a 2014, cando defendeu a un grupo de prexudicados de Tui contra unha promotora, tamén deberá pagar unha multa de 1.080 euros.

PUBLICADO O

A Audiencia Provincial de Pontevedra ditou unha sentenza na que, tras estimar parcialmente un recurso da Fiscalía, inhabilita por 6 meses á alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, para o exercicio da avogacía, e a condena a pagar unha multa de 1.080 euros por un delito de deslealdade profesional.

A rexedora socialista do Porriño foi xulgada por supostas irregularidades durante o exercicio da súa actividade como avogada. Os feitos remóntanse a 2014, cando defendeu a un grupo de prexudicados de Tui contra unha promotora. Ese preito concluíu con sentenzas en varias instancias favorables a ese veciños pero, no momento de executar a sentenza, García da Torre non tramitou a execución e esta demorouse case dous anos.

Por estes feitos celebrouse un primeiro xuízo, no que resultou absolta, pero a sentenza foi anulada e repetiuse a vista, para incluír tamén un pronunciamento sobre a acusación de deslealdade profesional. Nesa segunda ocasión, Eva García da Torre tamén foi absolta.

Contra esa última sentenza, tanto a alcaldesa como o ministerio fiscal presentaron recurso. A primeira para solicitar que se eliminase un parágrafo da sentenza, e a acusación pública para incidir en que cometera falsidade documental e deslealdade profesional.

SENTENZA

A Audiencia de Pontevedra estimou o recurso da rexedora e ordenou a eliminación do texto solicitada pola súa banda. Con respecto ao recurso da Fiscalía, estimouno parcialmente e, aínda que mantivo a absolución en canto á falsidade documental, si considera que a actuación de García de la Torre reúne os criterios para ser cualificada como un delito de deslealdade profesional.

Así, o tribunal provincial sinala que houbo un “atraso intolerable” na presentación da demanda para executar a sentenza por parte da acusada, o que xerou “preocupación” aos seus representados, que se viron obrigados a cambiar de letrada. Así mesmo, ese atraso ocasionoulles unha serie de prexuízos, como que desapareceron unha serie de bens da promotora contra a que pleitearon.

Segundo apunta o tribunal na súa resolución, “a acusada actuou cunha grave falta de atención aos intereses encomendados, ao coñecer perfectamente que non se interpuxo demanda e que, por tanto, o procedemento non se achaba en trámite, ignorando os requirimentos dos clientes, o que, dadas as circunstancias acreditadas no relato fáctico, non se debeu a un mero descoido, senón a unha neglixencia grave”, sinalou a Audiencia.

Por iso, condenaron a Eva García de la Torre a unha pena de 6 meses de inhabilitación especial para o exercicio da profesión de avogado, e ao pago dunha multa de 1.080 euros, por un delito de deslealdade profesional.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...