InicioSociedadeAs alcaldías da Louriña e o Condado únense para salvar Maderas Iglesias

As alcaldías da Louriña e o Condado únense para salvar Maderas Iglesias

PUBLICADO O

- Advertisement -

A representación do cadro de persoal de Maderas Iglesias, empresa con sede no Porriño dedicada á fabricación de tarima flotante que atravesa unha situación crítica, mantivo unha xuntanza cos alcaldes e alcaldesas do Porriño, Salceda, Ponteareas, Mondariz, Salvaterra, As Neves e Mos para analizar a situación da compañía ante o ERE extintivo anunciado pola dirección e reclamar de xeito conxunto a intervención urxente da Xunta.

Durante o encontro celebrado días atrás no salón de plenos do Concello do Porriño entre o presidente do comité de empresa, Vicente Molares, da CIG, e os rexedores/as das comarcas do Condado e da Louriña acordouse solicitar unha xuntanza coa Consellaría de Emprego, Traballo e Industria “para garantir o cumprimento dos compromisos retributivos e o mantemento da actividade mercantil e laboral”.

A reunión entre a representación do cadro de persoal e os responsábeis municipais das localidades que contan con maior número de traballadores/as da empresa tivo lugar despois de que Maderas Iglesias anunciase a súa intención de presentar un ERE extintivo que se aplicaría unha vez rematada a suspensión temporal de emprego, prevista para o vindeiro 5 de xuño.

Mantemento do emprego

O pasado mes de outubro a dirección da compañía anunciara a súa intención de eliminar un total de 150 empregos, cifra que agora rebaixa até os 80, pero o comité de empresa entende que este número pode reducirse aínda máis.

Dende a federación da Construción da CIG de Vigo insisten en que continuarán a defender a continuidade de todos os postos de traballo e a viabilidade dunha empresa que chegou a ser líder estatal en fabricación de tarima flotante e unha das principais compañías do sector a nivel europeo.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...