InicioCulturaO Festival de Cans abre as inscripcións para a súa XVI edición,...

O Festival de Cans abre as inscripcións para a súa XVI edición, con 8.900 euros en premios

Por vez primeira nos dezaseis anos de historia do festival, todos os premios terán dotación económica.

PUBLICADO O

En Cans xa se traballa para a XVI edición do Festival, que este ano se celebrará entre o mércores 22 e o sábado 25 de maio. A partir de hoxe, martes 8 de xaneiro, o Festival abre o período de recepción de obras para os seus recoñecidos concursos de curtametraxes (ficción, animación, non ficción) e de videoclips, aínda que tamén estará aberto a recibir longametraxes ou outro tipo de obras para formar parte da programación do resto de seccións do festival.

A inscripción poderase realizar de xeito totalmente gratuito a través da web do Festival de Cans, e o prazo de inscripción estará aberto preto de dous meses, ata o domingo 3 de marzo.

Por vez primeira nos dezaseis anos de historia do festival, todos os premios terán dotación económica, ata chegar á cifra total de 8.900 euros, o que supón un aumento de mil euros con respecto á pasada edición. A partir desta edición o premio do Xurado dos veciños e veciñas terá dotación económica e, ademais, comezará a recoñecerse tamén a mellor dirección de fotografía das obras a concurso coa finalidade de estimular unha interesante xeración de profesionais que está a emerxer.

Fernando Trueba no Festival de Cans
O cineasta Fernando Trueba, no coloquio cinematografico do Festival de Cans / Miguel Núñez

A organización considera que é un esforzo que debe asumir, e ratifica así o seu compromiso co apoio e promoción de novas creadoras e creadores, aos que irá destinada esta dotación económica. Deste xeito, os distintos xurados e o público do Festival outorgarán un total de trece Cans de Pedra, o singular galardón do festival, que este ano irá acompañado de premios en metálico en todas as categorías.

O máis relevante será o Premio do Xurado á Mellor curta de ficción dotado con 2.000 euros, seguido do Premio do público á mellor curta e o Premio do Xurado á Mellor curtametraxe de animación, dotados con 1.500 euros cada un. Ademais, Cans mantén a súa aposta pola categoría de non-ficción, denominada Furacáns, que terá un premio otorgado polo xurado de 1.000 euros.

Paseo en chimpín / Festival de Cans

Na pasada edición, a inclusión desta categoría que premia as narrativas cinematográficas máis arriscadas, supuxo un enorme éxito e desde a organización agárdase que continúe medrando nesta edición.

O Premio do Xurado ao Mellor videoclip estará dotado con 500 euros, e o Premio do público ao mellor videoclip con 300 euros. O resto das categorías premiadas, terán todas unha dotación de 300 euros: Mellor interpretación femenina, Mellor interpretación masculina, Mellor banda sonora orixinal, Mellor realización, Mellor guión, Mellor curtametraxe (elixida polo xurado das veciñas e veciños) e Mellor dirección de fotografía, que se incorpora nesta edición.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...