InicioSociedadeO Festival de Cans apoia ao rural coa entrega de material escolar...

O Festival de Cans apoia ao rural coa entrega de material escolar para os rapaces da aldea

PUBLICADO O

O Festival de cine de Cans fixo entrega esta semana de vales de material escolar para as 25 rapazas e rapaces da aldea que colaboraron na pasada edición da organización do festival. Cada vale ten un valor de 25 euros que poderán canxear por material escolar na cadea de papelerías Carlin, empresa que apoia unha parte desta iniciativa.

É o terceiro ano que Cans desenvolve esta iniciativa, tratando que o festival sexa unha plataforma que poida colaborar na doazón de material de educación para estas nenas e nenos.

Quince destes rapaces teñen entre 8 e 14 anos e o seu traballo consiste en guiar e orientar nos camiños a todo o público que ven ao Festival de Cans. O resto destes rapaces teñen entre 15 e 17 anos e desenvolveron labores de axudantes de produción en diversos departamentos do festival. Estes rapaces de maior idade van cumprir xa nalgúns casos dez anos como colaboradores, desde que entraran na organización sendo nenos.

O Festival de Cans segue unha fórmula organizativa onde os nenos máis pequenos van sendo coordinados por outros maiores, e estes á súa vez son tutelados por persoas adultas, coñecedoras da dinámica do festival.

Deste xeito vanse rotando en cada edición para coñecer un por un os departamentos do festival, coa esperanza de que eles sexan os que asuman a organización no futuro.

Ademais, o festival convida e estimula a estes rapaces para que asistan ás proxecións, aos obradoiros que organiza o festival, e adquiran tamén os seus primeiros coñecementos audiovisuais.

Coordinados pola veciña de Cans Rosa Bernárdez, a intención do festival é estimular a participación destes nenos, dun xeito didáctico e educativo, para que se identifiquen co festival e adquiran valores como a igualdade, a solidariedade, a conservación do patrimonio histórico e natural ou o traballo en equipo.

Algunhas e algúns destes rapaces tamén participan en cada edición no xurado dos veciños, para darlles a oportunidade de visionar todas as curtametraxes a concurso e aportar a súa propia opinión, cun grupo de persoas de maior idade coas que o festival promove unha relación de respecto interxeracional.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...