InicioVigo e contornaMosA cidade deportiva do Celta, descualificada da Bienal de Arquitectura

A cidade deportiva do Celta, descualificada da Bienal de Arquitectura

O anuncio chega pouco despois de que un xulgado anulara parte das licencias urbanísticas por incumprimentos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Novo golpe ao proxecto da cidade deportiva do R.C. en Mos. Logo de que un xulgado de Pontevedra anulara parte das licenzas outorgadas polo Concello de Mos –e obrigara a revistar outras– o proxecto do club vigués vén de caer do certame da XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (BEAU), a onde accedera en calidade de finalista unhas semanas atrás polo deseño de ‘Afouteza’.

A decisión da Bienal de incluír o proxecto do Celta fora criticado no seu momento polas asociacións que, durante meses, loitaron contra as instalacións do club vigués alegando unha serie de incumprimentos que, finalmente, foron recoñecidos polos xulgados. A plataforma Auga e Vida, que agora celebra a exclusión do Celta, apunta que chegou a reclamar “a través de distintas canles” a descualificación do proxecto por contar cun “amplo rexeitamento social e numerosos informes técnicos desfavorables”.

“Asociacións veciñais, traídas de augas e colectivos ecoloxistas remitiran, ademais, diversos escritos ao comisariado da Bienal advertindo sobre o carácter irregular das obras e os prexuízos para un espazo natural de enorme valor”, explican dende a plataforma, que atribúe ao movemento asociativo a responsabilidade de ter mantivo “alerta” á organización da Bienal sobre as sombras que pendían arredor do proxecto celtista.

“ESPECULACIÓN URBANÍSTICA”

“A urbanización duns terreos cualificados como rústicos de protección forestal é incompatible cos valores de sustentabilidade que estes premios reivindican”, apuntan dende a plataforma aludindo ao “sentido común”. “Tal como se indicou nas reclamacións presentadas polas traídas veciñais de augas, a simple inclusión do proxecto poñía en cuestión o prestixio duns galardóns que teñen en conta nas súas bases criterios como <<o territorio, a sociedade, a sustentabilidade e a colectividade>>”.

De aí que hoxe celebren que a cidade deportiva do Celta quedara fóra dos proxectos premiados. Tal como se puxo de manifesto en ocasións anteriores, “por respecto aos demais proxectos presentados, ‘Afouteza’ non merecía estar entre os candidatos”, xa que se trata dunha construción  que “atenta contra a maneira de vivir e de sentir da comunidade”. O movemento veciñal vén denunciando, dende hai tempo, que se trata dunha operación “urbanística especulativa incompatible co aproveitamento racional dos recursos hídricos e forestais”, e que “implica a destrución dun ecosistema e despreza os usos tradicionais do territorio”.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...