InicioSociedadeO Consello da Xunta autoriza a cesión ao SERGAS do centro de...

O Consello da Xunta autoriza a cesión ao SERGAS do centro de saúde do Rosal

PUBLICADO O

O  Consello  da  Xunta  acaba  de  autorizar  a  aceptación  da  cesión  dos  inmobles  dos centros  de  saúde  de  Lestrobe  (Dodro)  e  Tordoia,  ambos  os  dous  na  provincia  da Coruña; dos centros de saúde da Pastoriza, Baralla, Barreiros e Sober, na provincia de Lugo, e do centro de saúde do Rosal, na provincia de Pontevedra, feitas todas ellas a título gratuíto por parte dos respectivos concellos a favor do Servizo Galego de Saúde.

A  transferencia  de  todos  estes  centros  ten  un  custo  de  mantemento  anual  estimado para a Xunta de Galicia de 386.095,83 euros. Estas  sete  novas  cesións  forman  parte  dun  grupo  de centros  de  saúde  dos  cales  o Sergas asumirá os seus custos de mantemento ao longo do presente ano, xunto cos xa asumidos hai uns días de Vimianzo e de Paderne.

Ademais dos inmobles sanitarios de Paderne, Vimianzo, Lestrobe, Tordoia, A Pastoriza, Barralla, Barreiro, Sober e O Rosal, o  Servizo  Galego  de  Saúde  prevé  a  asunción,  ao  longo  dos  vindeiros  meses,  dos centros de saúde de Cualedro, Porqueira, Catoira, Mosteiro e Mos.

Estas  sete  infraestruturas  da  rede  sanitaria  pública  galega  de  Dodro,  Tordoia,  A Pastoriza, Baralla, Barreiros, Sober e O Rosal engádense aos 74 centros xa cedidos á Comunidade Autónoma no eido do pacto local.

Consulta médica / Photopin

O centro de saúde do Rosal ocupa unha superficie de 544 m², e  a  Xerencia  da  Área  Sanitaria  de  Vigo  estima  o  seu  custo  anual  de  mantemento  en 51.358,28 euros.

O proceso de asunción é, en todo caso, voluntario para os concellos, que previamente asinan uns convenios nos que se establecen as bases da cooperación co Sergas para
“a cesión da propiedade do centro de saúde de que é titular o dito concello, ao Servizo Galego  de  Saúde  e  para  a  asunción,  por  parte  deste organismo,  dos  gastos  de mantemento   deste”.

O   concello   comprométese   a   realizar   todos   os   trámites patrimoniais  e  urbanísticos  que  sexan  necesarios  co fin  de  posibilitar  a  cesión patrimonial  do  centro  de  saúde  libre  de  cargas  e  gravames,  así  como  a  aprobar determinadas exencións e bonificacións fiscais, e o Servizo Galego de Saúde acepta a cesión do inmoble e comprométese a asumir os gastos de mantemento.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...