InicioSociedadeOs pequenos chefs do CEIP Atín de Mos celebran un taller de...

Os pequenos chefs do CEIP Atín de Mos celebran un taller de cociña baseado nun libro de Ledicia Costas

PUBLICADO O

O alumnado de 5º de Primaria do CEIP Atín-Cela de Mos impartiu esta mañá na Ludoteca de San Rafael un taller de repostería promovido pola concellería de Participación Cidadá, no que participaron un total de 21 nenos e nenas mosenses.

Estes rapaces e rapazas do CEIP Atín-Cela organizaron conxuntamente coa concellería de Participación Cidadá mosense un obradoiro de cociña no que hoxe prepararon receitas incluídas nun libro escrito por eles mesmos, que leva por título “Recetas para caerse muert@” e que está inspirado na obra de Ledicia Costas, “Escarlatina a cociñeira defunta”.

A alcaldesa, Nidia Arévalo, cos nenos / Concello de Mos

O obradoiro foi impartido polos propios rapaces e rapazas autores/as do libro de cociña e polo seu mestre, Óscar Rodríguez Rojo, co apoio e colaboración dos/as monitores/as da Ludoteca Municipal de San Rafael (Pereiras), que foi o lugar onde se impartiu este taller esta mesma mañá de sábado.

Proceso de elaboración / Concello de Mos

Esta actividade ía dirixida aos nenos e nenas de 9 a 12 anos de idade que quixeran gozar dunha divertida mañá “coas mans na masa”. O prato estrela que prepararon, titorizados polos pequenos grandes chefs do Colexio de Atín, foron as ‘Chocolletas’, entre outras delicias culinarias.

ÚLTIMAS

O TSXG confirma a condena a comuneiros de Cabral, que deben reverter as obras dun parking en Peinador

OO Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou o fallo do Xulgado do Contencioso-Administrativo número...

O BNG de Vigo denuncia a falta de auga potable no IES de Beade, e goberno local e Xunta cúlpanse mutuamente

O grupo municipal do BNG en Vigo denunciou este luns que o IES de...

A Deputación envía ao Concello o convenio para a bancada de Gol, que podería asinarse “esta semana”

A Deputación de Pontevedra enviou este luns ao Concello de Vigo o convenio para a reforma da bancada de...

A taxa de criminalidade increméntase no primeiro trimestre un 5,3% en Vigo

A taxa de criminalidade creceu un 16,4% no primeiro trimestre deste ano na cidade...