Surf, Kayak ou sendeirismo para os nenos e nenas de Mos nas “Xornadas Multiaventura 2018”

Cartel das xornadas / Concello de Mos
A concellería de Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Julia Loureiro
organiza as “Xornadas Multiaventura 2018” dirixidas a rapaces/as de 10 a 17 anos de
idade.
O prezo por participante será de 100 euros. Durante as xornadas impartiranse clases de Surf, Paddle Surf, Surf con Skate, Sendeirismo, preservación do medio marino e Kayak, entre outras iniciativas de animación e deportivas.
Os participantes deberán saber nadar. A admisión será por rigorosa orde de entrada no Rexistro do Concello. Teñen preferencia os/as empadroados e/ou escolarizados en Mos, de quedar prazas vacantes poderán participar menores doutros concellos. A lista de admitidos/as publicarase o 19 de xuño no taboleiro de anuncios da OMIX e na web municipal.
As “Xornadas Multiaventura” realizaranse os días 25, 26, 27, e 29 de xuño, en horario de 09:30 a 14:00 horas. O 28 de xuño as actividades prolongaranse durante toda a xornada e pernoctarase no cámping de praia América.
Para o cronograma organizativo das actividades o grupo dividirase en dous,
tendo en conta a idade: Grupo A (entre os 10 e 13 anos), e Grupo B (entre os 14 e 17
anos).
O prazo de inscrición, que atópase xa aberto, rematará o 18 de xuño. Deberase xuntar fotocopia da tarxeta sanitaria e certificado escolar no caso de non estar empadroado.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here