Luis Enrique ilusiona ao celtismo incluíndo a Aspas e a Brais Méndez na selección española

Aspas no Celta- Eibar/ Liga Santander

O de Aspas era esperable, e a súa ausencia sería tan inconcebible como a de Jordi Alba. O moañés leva desde que comezou a tempada nun espléndido estado de forma. Funciona a gol por partido e o mellor é que o seu traballo no Celta vai máis aló: axuda a elaborar o xogo, roba balóns, lidera o ataque…

Pero este xoves os celtistas érguense coa boa nova de que Luis Enrique non só contará para a selección española cos servizos do príncipe das bateas, senón que decidiu apostar tamén polo centrocampista mosense Brais Méndez, promesa feita realidade da canteira celeste. 

Non é o seu perfil, o dun xogador novo que está a progresar nun equipo sen nivel Champions, un perfil moi tido en conta polos seleccionadores nacionais, que normalmente prefiren tirar de xogadores de Madrid, Atlético ou Barça, aínda que sexan suplentes, como é o caso do outro galego Lucas Vázquez, descartado nesta ocasión.

Tendo en conta a calidade de Méndez, pero tamén a de tódolos os seus competidores, terá que ver o pasado celeste do seleccionador nesta escolla?

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here