InicioSociedadeVigo rexistra 325 novos contaxios na última xornada

Vigo rexistra 325 novos contaxios na última xornada

En Galicia hai actualmente un total de 16.365 persoas con Covid.

PUBLICADO O

Unha repunta nos contaxios novos de Covid detectados en Galicia freou a tendencia á baixa na evolución da pandemia, de maneira que, por primeira vez no último mes, aumentaron os casos activos de Covid, que se sitúan en 16.365 (256 infeccións máis que na última xornada).

Segundo os datos publicados este xoves pola Consellería de Sanidade, con información recollida ata as 18,00 horas do mércores, nas últimas horas creceron os novos contaxios, ata os 1.539 (este mércores notificáronse 1.215 contaxios), con máis infeccións novas en todas as áreas sanitarias. Así, na área sanitaria de Vigo rexistráronse na última xornada 325 novos contaxios.

Tendo en conta as novas infeccións, as altas epidemiolóxicas e falecementos, en Galicia hai actualmente un total de 16.365 persoas con Covid. Estes casos activos creceron en todas as áreas sanitarias, excepto na Ferrol. Na área de Vigo hai 3.290 casos activos (58 máis); na área da Coruña hai 3.210 enfermos (8 máis); na área de Santiago hai 2.950 infeccións activas (76 máis); na área de Lugo, os casos activos son 2.041 (34 máis); na área de Ourense subiron ata os 1.935 (59 máis); na área de Pontevedra hai 1.895 casos (37 máis); e na área de Ferrol hai 952 persoas con Covid (11 menos).

HOSPITALIZACIÓNS

Con respecto á ocupación das camas Covid nos hospitais galegos, o último informe de Sanidade reflicte unha lixeira repunta no número de persoas enfermas ingresadas en unidades convencionais, que sobe de 390 a 397, aínda que os pacientes ingresados en UCI son agora 28, un menos que hai un día.

Por áreas, nas de Santiago e A Coruña hai 6 pacientes respectivamente nas súas unidades de coidados críticos (un menos en Santiago e un máis na Coruña); na área de Vigo hai 5 pacientes en UCI con Covid (igual que hai 24 horas); nas áreas de Pontevedra, Ourense e Lugo non houbo cambios na ocupación da UCI, e manteñen 4, 3 e 3 pacientes respectivamente; mentres que en Ferrol, os pacientes críticos baixaron de 2 a 1.

En canto aos ingresados ‘en planta’, descenderon lixeiramente na Coruña e Ferrol, e subiron, tamén de forma lixeira, no resto de áreas sanitarias.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...