InicioSociedadeGran aumento de hospitalizados por Covid na área de Vigo, que pasan...

Gran aumento de hospitalizados por Covid na área de Vigo, que pasan de 64 a 75

O número de casos aproximase xa aos 2.900.

PUBLICADO O

Os casos activos seguen á alza en Galicia, con 9.564 –536 máis que a xornada anterior e 3.591 máis que hai xusto unha semana–, despois de rexistrarse 811 novos contaxios, 143 máis que o día anterior. Mentres, os pacientes hospitalizados aumentan a 251, cinco máis. Pola súa banda, a taxa de positividade sitúase nun 11,8% no conxunto de Galicia.

Segundo os datos publicados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, son 35 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –sen variacións– e aumentan a 216 as hospitalizadas noutras unidades, cinco máis respecto da xornada anterior. Os pacientes en seguimento nos seus domicilios sitúanse en 9.313.

A presión hospitalaria descende lixeiramente na maioría das áreas sanitarias, con excepción de Vigo, onde aumenta pasando de 64 hospitalizados a 75.

MÁIS DE 9.500 CASOS

Os casos activos de Covid-19 seguen en ascenso en Galicia e sitúanse en 9.564, que implican 536 máis que a xornada anterior, tras haber de novo máis contaxios (811) que altas (267). As infeccións activas aumentan en todas as áreas sanitarias galegas, menos en Ferrol, que se mantén en 409. Por tanto, con máis casos activos mantense a área de Vigo, con 2.880, tras rexistrar 169 novos casos.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fose secretario xeral do...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

Piden seis anos para un acusado por tocamentos a unha menor en Vigo

Un home que foi xulgado este xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de...