InicioSociedadeVigo volve ser a área sanitaria con máis casos Covid de Galicia

Vigo volve ser a área sanitaria con máis casos Covid de Galicia

Rexistra 150 dos 500 novos casos rexistrados nas últimas 24 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia rexistra por segunda xornada consecutiva 500 novos contaxios diarios de Covid-19 e os casos activos elévanse a 3.970 –case 400 máis que o día anterior–, mentres que os pacientes hospitalizados ascenden a 107 –dous máis–. Pola súa banda, a taxa de positividade descende lixeiramente a un 7,7 por cento.

Segundo os datos publicados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, aumentan a 13 os pacientes ingresados en UCI pola Covid en Galicia –un máis– e a 94 os hospitalizados noutras unidades –un máis–, mentres 3.863 permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en tres: Vigo, Ferrol e Pontevedra-O Salnés. Na área de Vigo mantéñense dous pacientes Covid en UCI, pero aumentan a 22 os ingresados noutras unidades –catro máis–.

CASE 4.000 CONTAXIOS

Galicia roza os 4.000 casos activos de Covid tras rexistrar un novo ascenso por vixésimo sexta xornada consecutiva ata os 3.970, que constitúen 397 máis, ao haber máis contaxios (500) que altas (103).  As infeccións activas ascenden de novo nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+149) que se coloca xa á cabeza de casos en Galicia, con 1.067.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...