A área de Vigo rexistra o maior número de contaxiados nas últimas 24 horas

Son xa 665 as persoas contaxiadas en toda a área sanitaria.

Un profesional sanitario baixa da ambulancia / EP

Galicia comeza esta semana con 270 novos contaxios de Covid-19, que supoñen unha trintena menos que este domingo pasado, e 2.696 casos activos, 189 máis que a xornada anterior, mentres que soben a 76 os pacientes hospitalizados por este coronavirus –tres máis–. Pola súa banda, a taxa de positividade increméntase a un 7,94 por cento.

Segundo os datos publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domongo, mantéñense 14 persoas ingresadas en UCI pola Covid no conxunto de Galicia e increméntanse a 62 as hospitalizadas noutras unidades –tres máis–, mentres que 2.620 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase na de Vigo, onde seguen tres en críticos e descenden a 12 os hospitalizados noutras unidades –un menos–.

CASOS EN AUMENTO

Os casos activos de Covid-19 continúan en ascenso e acumulan 22 xornadas consecutivas de incremento. En concreto, sitúanse en 2.696, que implican 189 máis que o día anterior, ao haber máis contaxios (270) que altas (81). Hai unha semana, o luns 15 de novembro había 1.285, que supoñen 1.411 infeccións menos.

Así, as infeccións activas ascenden de novo nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+77). Deste xeito, con máis casos mantense a área de Ourense, con 693; seguida da de Vigo, con 665.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here