InicioSociedadeOs novos contaxios de Covid seguen en aumento en Vigo, que suma...

Os novos contaxios de Covid seguen en aumento en Vigo, que suma xa 120 casos activos

A presión hospitalaria mantense sen cambios, con dous ingresados en UCI e dous noutras unidades.

PUBLICADO O

Os novos contaxios de Covid-19 repuntaron a 100 no conxunto de Galicia, que supoñen 26 máis que a xornada anterior, e os casos activos ascenden a 844 –implican uns 300 máis que hai unha semana–, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus soben a 42 –tres máis–. Pola súa banda a taxa de positividade sitúase nun 2,4 por cento.

Segundo os datos publicados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, aumentan a 12 as persoas ingresadas en UCI pola Covid –dúas máis– e a 30 as hospitalizadas noutras unidades –unha máis–, mentres que 802 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias a presión hospitalaria aumenta en catro das sete: A Coruña-Cee, Ourense, Lugo e Ferrol; alíviase nas de Santiago-Barbanza e Pontevedra-O Salnés –a única sen hospitalizados en Galicia–, mentres que se mantén sen cambios na de Vigo.

Deste xeito, na da Coruña e Cee soben a tres os pacientes Covid en UCI –un máis– e a 10 os ingresados noutras unidades –un máis–; mentres que na de Ourense continúan dúas en críticos e aumentan a nove os doutras unidades –un máis–.

Na de Ferrol increméntanse a tres os pacientes Covid en UCI –un máis– e seguen tres noutras unidades; e na de Lugo mantense nun en críticos e aumentan a dous os hospitalizados en planta –uno máis–.

Na área de Santiago e Barbanza segue un paciente en UCI pola Covid e descenden a catro os doutras unidades –un menos–, mentres que a de Pontevedra e O Salnés quedouse de novo sen pacientes ingresados por este coronavirus –a xornada anterior tiña un en planta–.

Polo seu lado, a área de Vigo mantense con dous pacientes ingresados pola Covid-19 en UCI e dous noutras unidades de hospitalización.

CASOS ACTIVOS EN AUMENTO
Os casos activos de Covid-19 aumentan por décima xornada consecutiva ata os 844, que supoñen 46 máis que o día pasado ao haber máis contaxios (100) que altas (54).

En concreto, as infeccións activas ascenden nas seis das sete áreas sanitarias galegas, coa da Coruña e Cee á cabeza (+24), seguida das de Pontevedra e O Salnés (+9), Ourense (+7), Santiago e Barbanza (+3), Lugo (+3) e Vigo (+3), mentres que descenden unicamente na de Ferrol (-3).

Así, a área da Coruña e Cee continúa á cabeza con 224 casos activos; seguida de Ourense con 202; Vigo, con 119; Pontevedra e O Salnés, con 79; Santiago e Barbanza, con 75; Ferrol, con 77; e á cola mantense Lugo, con 68.

REPUNTAN OS CONTAXIOS
Os novos contaxios de Covid repuntan a 100 no conxunto de Galicia, que representan 26 máis que os 74 do martes, tras comezar esta semana con 54. O mércores anterior rexistráronse 37 no conxunto da Comunidade galega. Ata o momento, o luns 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de ‘nova normalidade’.

Galicia confirmou 101 positivos por probas diagnóstica de infección activa nas últimas 24 horas –algún pode corresponder a persoas xa contaxiadas que voltan a dar positivo–, dos cales 31 corresponden á área da Coruña e Cee; 20, á de Ourense; 17, á de Vigo; 13, á de Pontevedra e O Salnés; 10, á de Santiago e Barbanza; sete, á de Lugo; e tres, á de Ferrol.

Por iso, as persoas contaxiadas en Galicia desde o inicio desta pandemia ascenden a 183.869, das que 43.458 corresponden á área da Coruña e Cee; 37.871, á de Vigo; 27.160, á de Santiago e Barbanza; 22.016, á de Ourens e; 21.569, á de Pontevedra e O Salnés; 20.063, á de Lugo; e 11.732 á de Ferrol.

Segundo os datos actualizados por Sanidade, desde o comezo desta crise sanitaria efectuáronse 2.919.028 PCR en Galicia, que supoñen 3.367 probas máis que as rexistradas ata o día anterior, que constitúen unhas 1.337 máis que as feitas o día anterior.

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test–, ascende lixeiramente ao 2,42 por cento, tras situarse no 2,19% o día anterior, despois de arrincar esta semana cunha caída ao 1,56%.

FALECIDOS E CURADOS
As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia en Galicia mantéñense en 2.655, ao non notificar este martes a Consellería de Sanidade ningunha vítima.

Pola súa banda, 180.404 persoas diagnosticadas deste coronavirus curáronse en toda a Comunidade galega desde o inicio desta crise sanitaria, que supoñen 54 máis que as rexistradas ata o día anterior.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...