InicioSociedadeA área de Vigo baixa xa do cento de contaxios activos, aínda...

A área de Vigo baixa xa do cento de contaxios activos, aínda que aumentan os ingresos por Covid

Houbo só dous novos contaxios este domingo.

PUBLICADO O

Galicia arrinca esta semana cun descenso dos novos contaxios de Covid-19 a 14, a menor cifra desde o inicio do outono e da ‘nova normalidade’, mentres que os pacientes ingresados aumentan a 47 –tres máis–. Os casos activos deste coronavirus baixan a 502 e a taxa de positividade cae a un 0,5 por cento.

Segundo os datos publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do domingo, mantéñense 10 persoas ingresadas pola Covid-19 en UCI e ascenden a 37 os ingresados noutras unidades –tres máis–, mentres que 455 pacientes permanecen en seguimento domiciliario.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente na área de Vigo que continúa cun ingresado en críticos e oito noutras unidades –un máis–.

MENOS CASOS ACTIVOS

Por outra banda, Galicia arrinca esta semana coa primeira ponte –a do 12 de outubro– sen restricións de mobilidade pola Covid-19 con 502 casos activos, que supoñen 32 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (46) que contaxios (14).As infeccións activas baixan en Vigo (-7), que baixa do cento de contaxiados e queda só con 98.

DESCENSO DE CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 caen a 14 no conxunto de Galicia no inicio desta semana, o que supón 15 menos que os 29 cos que finalizou a anterior, e representan a cifra máis baixa desde que entrou Galicia en niveis de ‘nova normalidade’. Na área de Vigo só se rexistraron dous novos contaxiados.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...