InicioSociedadeLixeiro aumento de casos en Vigo, pero baixan as hospitalizacións en UCI

Lixeiro aumento de casos en Vigo, pero baixan as hospitalizacións en UCI

A área de Vigo xa ten menos de medio milleiro de persoas contaxiadas.

PUBLICADO O

O número de contaxios diarios de covid-19 en Galicia volveu a descender nas últimas horas ata situarse por baixo do centenar por segundo día consecutivo. Ademais, continúan á baixa tanto os casos activos da enfermidade, a 3.249, como os pacientes que requiren hospitalización, ata os 149.

Así, segundo os datos feitos públicos este martes polo Sergas (con información solicitada ata as 18,00 horas do luns), nas últimas 24 horas computadas rexistráronse 75 novas infeccións por coronavirus a través de todo tipo de probas, que supón 14 menos que que os notificados na xornada anterior. Con todo, na área de Vigo duplicáronse con respecto a hai un día ao pasar de 10 a 20.  Pero segue habendo máis altas que contaxios, polo que o número de casos activos xa son 480, 29 menos que un día antes. 

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á ocupación de camas en hospitais galegos, esa presión asistencial reduciuse, a pesar do aumento notificado por Sanidade este luns. Así, o último balance do Sergas tira unha cifra de 37 persoas en unidades de coidados intensivos –nove menos que hai un día– e 112 en planta –catro menos–. Na ára de Vigo son sete as persoas ingresadas en UCI, unha menos. 

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...