InicioSociedadeLeve aumento de casos Covid na área de Vigo, a pesar da...

Leve aumento de casos Covid na área de Vigo, a pesar da gran melloría experimentadada

Hai máis novos contaxios e pacientes na UCI pero baixan os casos activos.

PUBLICADO O

Galicia dobra a curva da quinta onda cunha melloría de todos os indicadores, incluída a presión hospitalaria –con 21 hospitalizados menos nas últimas 24 horas–, que tamén descende dunha forma máis pronunciada que en xornadas anteriores. Unha melloría que tamén se fai sentir na área de Vigo, aínda que empeoran lixeiramente os datos con respecto aos últimos días.

Así, os novos contaxios sitúanse nos 150 –un 15% dos casos que se rexistraban hai un mes, cando roldaban os 1.000 diarios– e as infeccións activas superan lixeiramente os 5.000 casos. A taxa de positividade, ademais, é do 3,66% –por baixo do 5% que marca a OMS–, a cifra máis baixa de toda a quinta onda.

Segundo a información notificada polo Sergas este mércores (con datos solicitados ata as 18,00 horas do martes), nas últimas horas confirmáronse 150 novos contaxios por este coronavirus, o que supón seis casos menos que os notificados a xornada anterior. Por áreas, as novas infeccións descenden en todas, excepto en Vigo, Lugo e Pontevedra. Na área viguesa notificáronse 42 contaxios (22 máis). Con todo, segue baixando os casos activos que se sitúan xa en 768 casos (52 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

No que respecta á presión hospitalaria, nas últimas 24 horas descenderon os pacientes ingresados por covid nos hospitais galegos, aínda que en UCI, aumentaron lixeiramente.

Así, mentres que hai 120 enfermos en unidades convencionais de hospitalización (24 menos que hai un día), hai outros 49 pacientes en unidades de coidados críticos (tres máis), deles, sete na área de Vigo (+1). Con todo baixan as camas ocupadas en ‘planta’ en Vigo a 18 (-6).

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...