InicioSociedadeLeve aumento de casos diarios na área de Vigo, aínda que baixa...

Leve aumento de casos diarios na área de Vigo, aínda que baixa a presión hospitalaria

Houbo 20 novos contaxiados, nove máis que o día anterior.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os datos feitos públicos este martes pola Consellería de Sanidade confirman a tendencia á baixa no número de novos contaxios diarios de Covid en Galicia, que se sitúan en 156, cando hai xusto un mes, o 7 de agosto, o número de casos novos confirmados era de máis de mil, e seguen descendendo tamén os casos activos da enfermidade.

Así, segundo a información notificada polo Sergas (con datos solicitados ata as 18,00 horas do luns), nas últimas horas confirmáronse 156 novos contagios por este coronavirus, o que supón 38 casos menos que os notificados a xornada anterior.

Por áreas, as novas infeccións descenden en todas, excepto A Coruña, Vigo e Santiago, que rexistran lixeiros incrementos. Así, na de Vigo notificáronse 20 contaxios (9 máis). Con todo, seguen baixando os casos activos que quedan en 820, 38 menos.

PRESIÓN HOSPITALARIA

No que respecta á presión hospitalaria, nas últimas 24 horas non se produciron cambios substanciais, aínda que baixaron lixeiramente as cifras de camas ocupadas, tanto en UCI como en ‘planta’.

Así, mentres que hai 144 enfermos en unidades convencionais de hospitalización (9 menos que hai un día), hai outros 46 pacientes en unidades de coidados críticos (dous menos), 6 na área de Vigo.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...