InicioSociedadeA área de Vigo sae xa da quinta onda da pandemia

A área de Vigo sae xa da quinta onda da pandemia

Pasou de ser a primeira área con máis casos á cuarta. Seguen baixando os novos contaxios e os casos activos que xa son menos dun milleiro.

PUBLICADO O

Os datos de evolución da covid publicados este domingo pola Consellería de Sanidade reflicten que, en termos xerais, os indicadores sinalan cara á estabilización da pandemia en Galicia. Os novos contaxios non superan os 300 e a taxa de positividade das PCR (o número de positivos por cada 100 probas realizadas) volve estar por baixo do límite do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia. De feito, a área de Vigo é unha das que mellor evolución ten nesta quinta pandemia.

Ademais, os casos activos baixan ata as 6.116 infeccións e a presión hospitalaria descende ao rexistrar cinco hospitalizados menos nas últimas 24 horas, co que son 151 os hospitalizados en planta e 46 en críticos nos hospitais galegos.

Así, segundo eses datos (que reflicten información solicitada ata as 18,00 horas do sábado), nas últimas 24 horas rexistráronse 26 na área de Vigo que baixa do milleiro de casos activos –ten 909, tras recibir a alta 90 persoas– e sitúase xa detrás da Coruña, Lugo e Santiago en número de casos activos.

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, nas últimas horas contabilizáronse 46 pacientes en UCI (dúas menos nas últimas 24 horas) e 151 hospitalizados en unidades convencionais (tres menos).

Por áreas, a carga asistencial baixa en parte das zonas sanitarias. As baixadas máis pronunciadas rexístranse na de Lugo e na de Vigo, onde hai 23 hospitalizados en planta (dúas menos) e oito en críticos (tres menos).

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...