InicioCulturaOs directores Alberto Vázquez, Noelia Muíño e Gon Caride triunfan no Festival...

Os directores Alberto Vázquez, Noelia Muíño e Gon Caride triunfan no Festival de Cans con dous premios cada un

Outros dos premiados foron Marcos del Villar, Lidia Veiga Daniel Suárez, Carlos A. Quirós, ou Yuri Salgado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os directores Alberto Vázquez, Noelia Muíño e Gon Caride foron os principais triunfadores da XVIII edición do Festival de Cans, concluída este sábado 4 de setembro, despois de que os seus respectivos traballos recibisen dous galardóns cada un.

No caso de Alberto Vázquez, a súa curta ‘Homeless Home’ obtivo os premios á Mellor Banda Sonora –baixo a firma de Víctor García– e Mellor Curto de Animación. Vázquez xa gañara en tres ocasiones anteriores na categoría de animación.

Noelia Muíño, realizadora formada en Santiago, Barcelona e Nova York, recibiu os premios a Mellor Película e Mellor Dirección coa súa curtametraxe ‘Monte Bravo’, que se suman aos tres galardóns que recibiu en 2019 con ‘The Widow’. Ademais, no seu palmarés conta tamén con tres premios Goya.

Outro director que gañou dous premios é Gon Caride, grazas á súa película ‘Deux Options’. No seu caso, saíu vencedor nas categorías de Mellor Actor –que compartiron os actores Jan Soia e Noël Faur– e Mellor Guión.

OUTROS PREMIADOS

Os outros premiados na sección de Ficción e Animación queda completa da seguinte maneira: Mellor Fotografía, foi outorgado a Marcos delOu Villar polo seu traballo en ‘Cabelo’; a intérprete Lidia Veiga fíxose co galardón a Mellor Actriz pola súa actuación en ‘O que queda de nós’.

O xurado de Ficción e Animación desta edición estivo integrado pola actriz e realizadora Sara Casasnovas, o director Alejandro Marzoa, a produtora e montadora Emilie Lescaux, o compositor e produtor Xavi Font e o director e guionista Fon Cortizo.

Pola súa banda, o premio do Xurado dos Veciños foi para ‘Cineris’, de Carlos A. Quirós. Os veciños de Cans que avaliaron as curtametraxes participantes destacaron “a maneira na que a curta achega ao público, mediante o uso do humor negro, un tema como a morte dunha persoa”. O Premio do Público foi para o curto ‘O son da tirotea’, de Daniel Suárez Rubini.

TRABALLOS DOCUMENTAIS

Entre as cintas competidoras na sección FuraCáns –na que compiten traballos documentais e de videocreación– gañou a curta ‘Os corpos’, de Eloy Domínguez Serén, que chegaba a Cans despois de ser premiada en certames internacionais como o IDFA de Amsterdam, o Bafici de Buenos Aires ou o Clermont- Ferrand de Francia.

A sección Novas Camadas incorporouse o ano pasado ao Festival para recibir traballos de creadores amateurs. A curtametraxe gañadora desta segunda edición foi ‘Aleteado’, de Yuri Salgado Álvarez. ‘One Gardening Day’, de Aarón Pérez Pardiñas, obtivo unha mención de honra nesta categoría.

O xurado destas seccións estivo integrado polo director e produtor Guillermo García López; a documentalista, artista visual e docente Xisela Franco; e o crítico e escritor Jaime Pena.

O premio ao Mellor Videoclip foi para ‘Veleno’, de Baiuca, realizado por Adrián Canoura. O xurado estaba formado pola deseñadora gráfica, música e compositora Elba Fernández; o músico, DJ e promotor Ramiro Mctersse Ramiroquai; e o programador cultural e xornalista musical Sergio Valbuena.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...