InicioVigo e contornaO PorriñoA Xunta destaca a subvención dada ao Festival de Cans e o...

A Xunta destaca a subvención dada ao Festival de Cans e o PSdeG o seu “talento e calidade”

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, asistiron ao día grande deste festival.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, asistiu este sábado ao día grande do Festival de Cans, que, tras varias xornadas de actividade cinematográfica, pecha a súa XVIII edición con numerosas actividades como a proxección de curtos das principais categorías, a colocación da estrela do realizador brasileiro Kléber Mendoça no Torreiro das Estrelas e a gala final de entrega de premios.

Nun comunicado remitido aos medios, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade destacou que a 18º edición do Festival de Cans recibe un ano máis o apoio da Xunta a través dunha liña específica de subvencións que en 2021 incrementou o seu orzamento ata os 200.000 euros para contribuír á organización de 14 encontros en toda Galicia.

PRESENZA DOS SOCIALISTAS

Por outra banda, ao evento tamén acudiu o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, quen estivo acompañado do alcalde do Porriño, Eva García de la Torre; así como das deputadas socialistas Noelia Otero e Leticia Gallego.

Desde alí, conforme destacou o PSdeG noutro comunicado, o dirixente socialista trasladou o seu apoio ao “emblemático” festival de curtametraxes que anualmente se celebra na parroquia do Porriño e puxo en valor o traballo desenvolvido pola organización e os veciños no desenvolvemento do evento.

O Festival de Cans é un exemplo do talento e da calidade do sector audiovisual de Galicia, que ten un enorme calado e recoñecemento a nivel nacional e internacional”, reivindicou o líder do PSdeG, que aproveitou a súa visita para felicitar ao director Jorge Coira, que este ano recibiu o Premio Pedigrí 2021 por parte do xurado.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...