InicioSociedadeDescenden os casos activos en Vigo pero mantense a presión hospitalaria

Descenden os casos activos en Vigo pero mantense a presión hospitalaria

A área de Vigo rexistra 73 novos positivos nas últimas horas.

PUBLICADO O

Galicia suma, nas últimas 24 horas, outros 560 novos contaxios por covid. Aínda que os casos continúan subindo, fano a un ritmo máis lento –na última xornada foron 710– e, por primeira vez en semanas, móvense ao redor do medio centenar. As infeccións activas continúan, ademais, á baixa, con 10.878 (492 menos).

Segundo os datos publicados este domingo pola Consellería de Sanidade (con información solicitada ata as 18,00 horas deste sábado), sinalan que a taxa de positividade segue tamén á baixa e descende ata o 9,69%. Concretamente na área de Vigo, a presión hospitalaria muda lixeiramente, ao recibir a alta dúas persoas que se atopaban en unidades convencionais. Non descenden, pola súa parte, as persoas que necesitan coidados intensivos, que se manteñen nas 11. Así, a área queda con 24 pacientes ingresados.

Os casos novos soben en todas as áreas. Lidera Santiago-Barbanza, con 127 novos contaxios; á que segue A Coruña, con 119; Lugo, 116; Vigo, 73; Ferrol, 52; Ourense, 41; e Pontevedra, 32. Con respecto ao número total de persoas coa infección activa, este descendeu en Galicia ata os 10.878 casos (492 menos), e baixou en seis das sete áreas, só se incrementou na de Santiago-Barbanza, con 1.220 (+32).

Respecto dos descensos, lidéraos a área viguesa, con 204 infeccións activas menos, que deixan a área con 2.592 en total. Tamén descenden por encima do centenar na Coruña, 172 concretamente, e queda con 3.294 casos activos; e en Pontevedra, onde se negativizan 102 infeccións (1.003 casos activos en total). Na área de Ourense, contan agora con 728 casos activos, 30 menos; na de Ferrol, con 809 (13 menos); e na de Lugo, 1.232 (tres infeccións activas menos).

 

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...