InicioSociedadeVigo perdeu máis de 1.100 persoas en 2020, mentres que O Porriño...

Vigo perdeu máis de 1.100 persoas en 2020, mentres que O Porriño e Salceda gañan poboación

O 2020 foi o peor ano desde que hai rexistros no saldo vexetativo de Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia rexistrou un saldo vexetativo negativo en 2020 de 17.561 mortes máis que nacementos, a peor cifra desde que hai rexistros (1975), segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística.

Aínda que o saldo vexetativo negativo contraeuse lixeiramente en 2019 (-15.550) respecto de 2018 (-15.859), en 2020 volve empeorar ata alcanzar a cifra máis negativa da serie histórica. Esta situación explícase por un incremento dun 5% nos falecementos nun ano marcado pola pandemia, un total de 32.822, tamén o peor dato histórico.

Así mesmo, o IGE destaca que hai máis de 30 anos que a comunidade galega non presenta un saldo vexetativo positivo (máis nacementos que mortes). De feito, en Galicia só hai cinco municipios con saldo vexetativo positivo: Ames (+48), O Porriño (+35), Salceda de Caselas (+14), Oroso (+3) e Arteixo (+2). No outro extremo, destacan: A Coruña (-1.150), Vigo (-1.108), Ourense (-701), Ferrol (-568) e Lugo (-468). Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...