InicioSociedadeVigo xa supera os 3.500 casos activos tras detectar outros 423 contaxios

Vigo xa supera os 3.500 casos activos tras detectar outros 423 contaxios

A área segue con catro pacientes Covid en UCI e soben a 29 os doutras unidades --dous máis--.

PUBLICADO O

Galicia rexistra a marca de contaxios de Covid-19 ata a data desta quinta onda, con 1.593, mentres que os casos activos se elevan a 15.109, un milleiro máis que a xornada anterior, e os pacientes hospitalizados por este coronavirus repuntan a 212 –constitúen 37 máis–, deles 23 en UCI. Pola súa banda, a taxa de positividade mantense nun 14 por cento.

Por áreas sanitarias a presión hospitalaria aumenta en seis das sete. Concretamente Vigo segue con catro pacientes Covid en UCI e soben a 29 os doutras unidades –dous máis–. Ademais, é a área sanitaria onde os casos activos aumentan en maior medida, cunha suba de 379 ata os 3.544 totais. Segundo os datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do xoves, os novos contaxios detectados supoñen 423 na área sanitaria de Vigo. No resto das áreas, 271 corresponden á da Coruña e Cee; 235, á de Santiago e Barbanza; 190, á de Pontevedra e O Salnés; 186, á de Lugo; 156, á de Ourense; e 75, á de Ferrol.

En canto á taxa de positividade das PCR, mantense nun 14,3 por cento, tras repuntar ao 14% a xornada anterior despois de baixar a un 9,3% o mércores e situarse nun 10,9% o martes tras arrincar esta semana nun 13%. Así, a Comunidade galega segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que Galicia, ata hai dúas semanas, non superaba desde o 15 de febreiro.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

Vallejo Torres toma posesión como novo fiscal xefe de Vigo, co compromiso da protección “aos máis vulnerables”

Óscar Vladimir Vallejo Torres tomou este venres posesión do seu cargo como novo fiscal...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...