InicioSociedadeVigo rexistra os peores datos de Galicia, con 161 contaxios máis nun...

Vigo rexistra os peores datos de Galicia, con 161 contaxios máis nun día

A presión hospitalaria reduciuse lixeiramente nas últimas horas, ata o global de 59 ingresados --un menos que 24 horas atrás--.

PUBLICADO O

Os novos contaxios de covid-19 detectados nun só día volvéronse a disparar en Galicia ata situarse nos 655, en niveis inéditos desde a terceira onda da pandemia en febreiro. Así, os casos activos da enfermidade aumentaron ata os 4.168, case medio milleiro máis que hai un día. 

Mentres tanto, nos que respecta á presión hospitalaria, reduciuse lixeiramente nas últimas horas, ata o global de 59 ingresados –un menos que 24 horas atrás–, de acordo cos datos publicados este sábado pola Consellería de Sanidade, actualizados ás 18,00 horas do venres. Isto débese a que a baixada dos pacientes con covid en planta, ata o 47 –tres menos–, compensou a subida rexistrada entre os que están en unidades de coidados intensivos, ata os 12 –dous máis–.

VIGO

Concretamente na área de Vigo, a presión hospitalaria non sufriu cambios neste último día, de maneira que se mantén con cinco persoas hospitalizadas, todas elas en planta. Porén, Vigo é a área na que máis crecen os casos activos de covid, que logo de sumar 137 nun só día, acumula xa 871 persoas con infección activa. No tocante aos novos contaxios rexistrados, tamén esta área é a que rexistra os peores datos:  dos 655 novos contaxios en todo o país, a de Vigo notificou 161, seguida da de Ourense con 128. De terceira está a de Pontevedra, con 119, e tras esta sitúanse A Coruña, con 107; Santiago, con 62; Lugo, con 54; e Ferrol, con 24.

PCR E POSITIVIDADE

Ata a data, Galicia efectuou 2.409.140 PCR. Deste dato dedúcese que 7.021 probas realizáronse no último día, unhas 1.400 máis que a xornada pasada. En canto á taxa de positividade das PCR, esta disparouse a un 6,7% tras días de paulatino ascenso. Por iso, segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que Galicia, ata esta semana, non superaba desde o 15 de febreiro.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...