Os casos activos en Vigo conseguen baixar da barreira dos 700

Atópanse hospitalizadas 25 persoas (unha máis), das que cinco están en unidades de coidados intensivos.

Varias persoas nunha terraza dun restaurante. / Ricardo Rubio - Europa Press.

Galicia cumpre a terceira semana sen estado de alarma cun repunte importante da presión hospitalaria pola pandemia de covid-19, xa que os ingresados subiron en 10 nas últimas 24 horas, ata o total de 117. Iso si, os casos activos da enfermidade volveron a baixar por oitavo día consecutivo e sitúanse en 2.300, debido a que as altas seguen superando aos novos contaxios. No que respecta á presión asistencial, segundo os datos publicados este domingo pola Consellería de Sanidade, solicitados ata as 18,00 do sábado, a subida no número de ingresados débese ao aumento dos pacientes en planta, que suman 89 –10 máis–, aínda que os de unidades de coidados intensivos se manteñen sen variacións, nos 28.

Concretamente na área de Vigo, atópanse hospitalizadas 25 persoas (unha máis), das que cinco están en unidades de coidados intensivos. Ademais, o parámetro dos casos activos baixou en Vigo, aínda que segue na cabeza con 678 pacientes (22 menos ca na xornada anterior, ao rexistrarse máis altas que novos contaxios. No referido, precisamente, aos novos contaxios, esta área sanitaria suma nas últimas 24 horas 39 PRC positivas.

Desde o inicio da pandemia, Galicia realizou 2.247.556 PCR, o que permite deducir que nas últimas 24 horas se fixeron 5.779 probas. Son unhas 300 máis que o día anterior. Polo seu lado, a taxa de positividade mantense no 1,9%, valor que segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here