InicioSociedadeVigo mantén a raia os casos activos pero segue á cabeza de...

Vigo mantén a raia os casos activos pero segue á cabeza de Galicia

Os hospitais da área quedan cun total de 24 pacientes ingresados tras recibir a alta catro persoas nas últimas 24 horas.

PUBLICADO O

Galicia inicia o terceiro fin de semana completo sen estado de alarma cunha caída da presión hospitalaria pola covid-19, xa que os ingresados descenderon en 14 e o total sitúase nos 107. Mentres tanto, os casos activos da enfermidade cumpren unha semana en baixada e colócanse nos 2.350 –50 menos–; e os novos contaxios detectados por calquera tipo de proba en 24 horas diminuíu a 110 –33 menos–. No que respecta á presión hospitalaria, segundo os datos publicados este sábado pola Consellería de Sanidade, solicitados ata as 18,00 do venres, do global de 107 ingresados hai 79 en planta –14 menos– e 28 en unidades de coidados intensivos –mantéñense–.

Concretamente na área sanitaria de Vigo, os datos son os seguintes: en canto á presión hospitalaria, os hospitais quedan cun total de 24 pacientes ingresados tras recibir a alta catro persoas nas últimas 24 horas. O parámetro dos casos activos tamén segue en descenso na área de Vigo (12 menos ca na xornada anterior), se ben segue á cabeza de Galicia cun total de 700 persoas infectadas. No que respecta aos novos contaxios, das 110 novas infeccións descubertas, 30 localizáronse na área sanitaria de Vigo.

Desde o inicio da pandemia Galicia realizou 2.241.777 PCR, o que permite deducir que nas últimas 24 horas fixéronse 5.432 probas. Son unhas 1.500 menos que o día anterior. Polo seu lado, a taxa de positividade mantense no 2%, valor máis alto da semana pero que segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...