InicioCulturaMáis de 200 obras inscritas para participar na XVIII edición do Festival...

Máis de 200 obras inscritas para participar na XVIII edición do Festival de Cans

Lanza un ano máis a campaña 'Apadriña ou amadriña un jalpón', para patrocinar os 'jalpóns' de proxeccións emblemáticos do certame.

PUBLICADO O

O Festival de Cans, cuxa XVIII edición terá lugar do 1 ao 4 de setembro na parroquia de Cans, no Porriño, pechou esta semana o prazo para concursar no certame con máis de 200 inscritas.

En total 208 curtametraxes, videoclips e obras diversas inscribíronse para buscar un oco entre os traballos finalistas. Segundo detallou a organización nun comunicado, trátase de 69 obras de ficción, 76 videoclips, 36 obras de non ficción na categoría Furacáns, nove curtametraxes de animación e 18 obras de diferentes formatos, que van desde as webseries ás videocreacións.

Ademais de desde Galicia, as obras inscritas proceden de cidades Madrid, Barcelona, Bilbao ou Valencia, así como de diferentes países, onde desenvolven o seu traballo moitos creadores galegos como o Reino Unido, Portugal, Estados Unidos, Alemaña e mesmo Brasil.

A organización, que comezará o proceso de visionado para seleccionar aquelas obras que irán a competición, informou de que, por primeira vez, o festival superará a cifra dos 10.000 euros en premios.

Así mesmo, sinalou que traballa para adaptar o festival en función da evolución da pandemia. Por iso, apunta que, a pesar das “duras condicións impostas no ámbito da cultura e as dificultades para traballar con estritas reducións de aforamento, continúa buscando apoios e patrocinios, e lanza un ano máis a campaña ‘Apadriña ou amadriña un jalpón‘, para patrocinar os ‘jalpóns’ de proxeccións emblemáticos do certame.

Deste xeito, informa de que todas as empresas, institucións ou persoas que queiran colaborar co festival e axudar a sacar adiante esta edición, poden contactar co festival no correo electrónico: patrocina@festivaldecans.com, ou ben por mensaxe interna a través de calquera das redes sociais do evento.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...