InicioSociedadeVigo conta 252 novos casos de Covid e 14 hospitalizacións na última...

Vigo conta 252 novos casos de Covid e 14 hospitalizacións na última xornada

O conxunto de Galicia suma case 60 novos ingresos no reconto máis recente do Sergas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área sanitaria de Vigo segue aumentando os casos de Covid entre a súa poboación e mantense como o distrito que máis contaxios achega en Galicia só despois da Coruña-Cee. Se na xornada anterior Vigo sumaba 255 novos casos, este domingo rexistra unha cifra similar, cunha pequena baixada: 252. Desta maneira, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), a área de Vigo alcanza as 2.333 persoas que agora mesmo están cursando a enfermidade, o que supón un aumento de casos activos de 166.

A situación nos hospitais tamén se mantén á alza. Das 2.333 persoas contaxiadas, 84 atópanse en unidades de hospitalización, de maneira que 14 persoas máis foron ingresadas nas últimas 24 horas. Delas, 18 están en críticos (1 menos ca na xornada anterior).

No histórico da provincia documéntanse 284 falecidos, 12.388 altas e 15.005 casos acumulados dende o inicio da pandemia. Fixéronse, ademais, un total de 266.422 probas PCR.

SITUACIÓNS NAS RESIDENCIAS

A residencia Paz y Bien de Tui, intervida este martes pola Xunta, mantense como a máis afectada de Galicia cun total de 63 contaxios. A Moledo e As Angélicas, en Vigo, teñen catro positivos cada unha. No que respecta aos traballadores, unicamente se descontan do global por recibir a alta dous traballadores da residencia de maiores de DoralResidencias de Mos. Segundo os últimos datos da Xunta, o persoal máis afectado pola pandemia segue sendo, tamén, o da residencia Paz y Bien de Tui, con 25 afectados.

CASE 60 HOSPITALIZACIÓNS EN GALICIA

Galicia sumou outros 58 hospitalizados con coronavirus nunha xornada na que os positivos detectados por proba PCR volven estar en máximos da pandemia. Os1.124 casos diagnosticados supoñen a segunda cifra máis alta ata a data, só superada polos positivos do sábado, día no que se realizaron unhas 600 probas máis que as practicadas nas últimas 24 horas.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...