InicioCulturaTralo éxito da súa terceira feira, Porriño quere converterse na capital galega...

Tralo éxito da súa terceira feira, Porriño quere converterse na capital galega do pan

PUBLICADO O

A Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR) e a Asociación de Panadeiros do Porriño veñen de amosar a súa satisfacción polo desenvolvemento da IIIª Feira do Pan do Porriño, que nesta edición experimentou “un importante aumento da afluencia de asistentes e a mellora do volumen de actividade económica así como a consolidación e mellora das actividades da mesma”, subliñaron.

A valoración por tanto é moi positiva, á espera de celebrar a reunión de análise da mesma para valorar aqueles ámbitos de mellora de cara a vindeira edición de 2019: “Queremos convertir a O Porriño na Capital Galega do Pan”, engadiron dende ACIPOR.

Feira do Pan do Porriño / Concello de Porriño

Tanto na xornada do venres pola tarde, como durante todo o sábado día 2, o aumento de asistentes foi considerable. A organización cifrou un aumento do 30-40% con respecto ao ano anterior, o que en palabras da presidenta de ACIPOR, Juana Pérez Rodríguez, “debe levarnos á reflexión da necesidade de impulsar accións de atracción de máis asistentes para fortalecer a feira, e para elo, precisamos unha maior proxección provincial, galega e estatal”.

Así o manifestaban tamén os representantes das panaderías da Asociación de Panadeiros do Porriño “a feira ten bós cimentos, temos que seguir mellorando para atraer a máis asistentes e poder visibilizar aínda máis o Pan do Porriño e a súa relación coa gastronomía, porque á vista está que cada ano a Feira mellora a súa aceptación.”

Mestres panadeiros / Concello de Porriño

Dende ACIPOR e Asociación de Comerciantes quixeron agradecer ás marcas convidadas e sobre todo aos patrocinadores e colaboradores o seu apoio, sen o cal sería imposible a feria, especialmente, sen o apoio orzamentario e loxístico do Concello do Porriño a través da Concellaría de Comercio que dirixe D. Marcelino Coto Troncoso.

Un dos aspectos destacables da Feira, do que a organización tomou boa nota, foi a proposta da pregoeira desta edición, Marta Rodal, que destacou a necesidade de que O Porriño impulse un proxecto para a creación no Porriño dunha Aula Didáctica de Pan e Panadería nun inmoble a recuperar nalgún dos barrios do Porriño.

Feira do Pan do Porriño / Concello do Porriño

“Un feito que sen dúbida impulsaría esta actividade e que lle permitiría seguir gañando impulso”, destacaba a pregoeira. O propio Concelleiro de Industria e Comercio do Porriño, D. Marcelino Coto Troncoso, destacaba na presentación da Feira do Pan que “pola súa forte progresión, non sabemos ata onde pode chegar o o interese crecente polo Pan do Porriño e a Feira do Pan”.

Impulso á actividade panadeira

A Feira do Pan está a suponer un importante impulso á imaxe do pan e das empresas panadeiras do Porriño, que aspira a seguir mellorando a súa imaxe. Entre os vindeiros obxectivos da Asociación de Panadeiros está a de rematar o proceso de certificación do Pan do Porriño e sentar as bases dunha maior difusión do alto valor gastronómico do Pan do Porriño en eventos e feiras gastronómicas como Xantar, Silleda ou FITUR, feito que xa se está a valorar, comezando así unha labor de promoción exterior do producto.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...