InicioCulturaOs novos fotógrafos da Louriña, Baixo Miño e Val Miñor compiten pola...

Os novos fotógrafos da Louriña, Baixo Miño e Val Miñor compiten pola mellor fotografía de viaxes

PUBLICADO O

As Oficinas Municipais de Información á Xuventude dos concellos de Tomiño, Gondomar, Salceda de Caselas, Baiona, O Rosal, O Porriño, A Guarda e o Espazo Xove de Tui, convocan o XII Certame fotográfico «Viaxando».

O concurso está aberto á participación de mozas e mozos de entre 12 e 35 anos que presenten imaxes orixinais con temática relacionada co título do certame. Cada participante pode presentar unha única fotografía en cor ou branco e negro. Esta deberá presentarse en papel fotográfico cun tamaño de 20X30 e pegadas sobre unha cartolina negra DIN A3.

A fotografía deberá ser orixinal, inédita e non ter sido premiada nin recoñecida ou seleccionada noutros certames. Asemade, deberán estar libres de dereitos que poidan posuír terceiros e, no caso de retratar a persoas menores de idade, concursarán baixo a responsabilidade do autor/a.

Os traballos deberán entregarse nun sobre pechado coa indicación «VIAXANDO» e o pseudónimo da persoa autora no seu exterior. Pola súa parte, as fotografías deberán indicar no dorso o seu título e o pseudónimo da persoa autora.

Dentro deste, deberá incluirse outro sobre pechado de menor tamaño en cuxa parte externa debe figurar o pseudónimo da fotógrafa ou fotografo e, no interior, deben recollerse os seguintes datos: nome completo, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI ou tarxeta de
residencia.

As imaxes poderán entregarse en calquera das entidades organizadoras ata o 26 de setembro. Concederase un único premio consistente nun curso personalizado de fotografía. Coas imaxes presentadas realizarase unha exposición itinerante que percorrerá o Espazo Xove de Tui.

 

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...