InicioCulturaUn cadaleito, a primeira experiencia de rodaxe do director Fernando Trueba en...

Un cadaleito, a primeira experiencia de rodaxe do director Fernando Trueba en Galicia

PUBLICADO O

O cineasta Fernando Trueba protagonizou este sábado o ‘Coloquio na Leira’ do Festival de Cans, o certame que celebra a súa décimo quinta edición ao longo desta fin de semana en San Estevo de Cans, no Porriño.

“A comedia é un misterio. Nunca se sabe de onde sae. O humor ten algo máxico, é un segredo”, compartiu na súa charla o director, vencedor do Óscar á Mellor Película de fala non inglesa no ano 1993 con ‘Belle Époque’, que sumou a súa ‘estrela’ ao ‘paseo da fama’ do Torreiro de Cans.

Trueba compartiu cos asistentes anécdotas da súa traxectoria na sétima arte e repasou vivencias con personaxes do cinema cos que traballou, como a actriz Chus Lampreave, Fernando Fernán Gómez, Rafael Azcona ou Billy Wilder.

CansO cineasta Fernando Trueba, no coloquio  cinematografico do Festival de Cans / Miguel Núñez
O cineasta Fernando Trueba, no coloquio cinematográfico do Festival de Cans / Miguel Núñez

Así mesmo, o director madrileño lembrou que a súa primeira experiencia de rodaxe foi no filme ‘O Cadeleito’ de Enrique Baixeras, producido en Galicia na década dos 70 e inspirado nunha novela do escritor lucense Ánxel Fole.

ACTIVIDADES

Ademais da participación de Trueba e Gracia Querejeta nos ‘Coloquios na Leira’, o Festival de Cans tamén ofreceu aos asistentes unha sesión titulada ‘Contra o lume’ na que se proxectaron unha serie de pezas audiovisuais centradas na problemática dos incendios forestais.

Cans vive na tarde noite deste sábado a súa gran xornada, coa celebración da gala na que se coñecerán aos gañadores da 15ª edición do festival, que se clausurará co concerto de Burning.

O cineasta Fernando Trueba, no coloquio  cinematográfico do Festival de Cans / Miguel Núñez
O cineasta Fernando Trueba, no coloquio cinematográfico do Festival de Cans / Miguel Núñez

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Vallejo Torres toma posesión como novo fiscal xefe de Vigo, co compromiso da protección “aos máis vulnerables”

Óscar Vladimir Vallejo Torres tomou este venres posesión do seu cargo como novo fiscal...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...