Suspendido o xuízo contra o clan de Los Morones por falla de tres dos procesados

Contra dous deles dictouse orde de busca e captura.

Sinaí Giménez, nos xulgados.

A ausencia de tres acusados provocou a suspensión do xuízo sinalado para este martes no Xulgado do Penal 1 de Pontevedra contra Sinaí Giménez, e outros membros do clan de ‘Los Morones’ acusados de agredir a un avogado e a seis gardas civís ás portas do xulgado de Tui, no ano 2014.

Finalmente, este xuízo aprazouse para os días 16 e 17 de outubro. Concretamente non acudiron este martes á súa cita nos xulgados de Pontevedra os procesados Juan Pablo, Marino e Consuelo G.J..

Ademais, o xuíz acordou unha orde de detención para Marino, hirmán de Sinaí Giménez e ditou unha requisitoria de busca e captura para o outro irmán, Juan Pablo (xa ten unha de ámbito europeo en vigor) e acordou que un forense valore este martes o estado de saúde de Consuelo G.J., que se atopa na súa casa.

Sobre os xuízos que teñen pendentes ‘Los Morones’, Sinaí Giménez declarou á súa chegada que están “todos tranquilos”. “Porque sei que nada do que se di é certo”, afirmou. Igualmente referiuse á gran presenza de medios de comunicación que acudiron este martes ao edificio dos xulgados da Parda para seguir este xuízo. “Eu a presión mediática aguántoa perfectamente”, sostivo.

Tamén houbo un amplo despregamento de seguridade cuns 20 axentes, tres furgóns da O.I.P. as Unidades de Intervención Policial e dúas dotacións da Policía Nacional.

DELITOS

Sinaí Giménez está acusado pola Fiscalía dos delitos de atentado contra axentes da autoridade e obstrución á xustiza, polos que o representante do Ministerio Público pide penas que suman catro anos e medio de prisión; para o seu irmán Juan Pablo G.J. solicítanse seis anos e medio de prisión e o pago de multas por máis de 4.400 euros. Ás mesmas penas enfróntanse D.G.J. e María Consuelo G.J..

En canto a Marino G.J. e S.G.J., a Fiscalía demanda un ano e medio de prisión e unha multa de 160 euros, para cada un deles. Finalmente, e en concepto de responsabilidade civil, o Ministerio Público pide que tres dos acusados indemnicen en 9.000 euros a un dos axentes agredidos, e en 2.000 euros a outro. Pola súa banda, o avogado agredido xa renunciou no seu día a exercer medidas ou reclamar indemnización.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here