InicioSucesosConcentración de apoio aos Zamoranos tras ser tiroteados polo clan dos Morones

Concentración de apoio aos Zamoranos tras ser tiroteados polo clan dos Morones

PUBLICADO O

Autoridades, partidos políticos e cidadáns do Porriño expresaron este luns a súa condena e preocupación polo tiroteo que se produciu esta fin de semana, no que membros do clan dos Morones feriron a dous mozos de 16 e 18 anos nunha pedida de man dos Zamoranos no multiusos de Torneiros, tras efectuar os agresores 15 disparos.

Antes de gardarse un minuto de silencio, a alcaldesa de Porriño, Eva García, manifestou o “firme rexeitamento a calquera tipo de violencia” e quixo deixar claro que non se trataou dunha “pelexa entre xitanos”, senón dun “atentado contra a convivencia pacífica”.

O apoio aos Zamoranos é unánime: “Son os nosos veciños, necesitámolos vivindo aquí, viven en paz, traballan con tranquilidade e viven en familia, non podemos permitir que haxa ninguén que altere esa convivencia pacífica”, dixo a alcaldesa.

Tamén o pai da menor ferida, á que un proxectil alcanzou na cara, enviou unha mensaxe de agradecemento a todo o concello. Mentres que o pai do mozo, ferido nun ombreiro, tamén quixo salientar que os Zamoranos “non somos un clan”.

As forzas de seguridade buscan a dúas persoas identificadas como autores do tiroteo, unha delas, Juan Paulo, irmán de Sinaí Giménez Jiménez, este último, o xefe do clan dos Morones, quen fora candidato á Alcaldía de Vigo, presentándose como “o Obama galego”.

O conflicto entre Morones e Zamoranos acaba a tiros no Porriño

ÚLTIMAS

Vigo rexistra as máximas choivas de España nunha semana na que os encoros galegos seguen ao 88%

A reserva dos encoros galegos mantense no 87,6%, cun total de 3.253 hectómetros cúbicos,...

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

A CIG denuncia que Constellium Automotive está “a vulnerar o dereito á folga” ao contratar persoal externo

O sindicato CIG denunciou este martes que a dirección de Constellium Automotive, auxiliar de...

Condenada a 2 anos e 4 meses de cárcere por estafa unha muller que cobraba fianzas de falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...