VÍDEO: “É como se estiveramos na época de Franco”, din nais e estudantes do IES de Mos que prohíbe o Entroido

Nenos disfrazados no Entroido / carnavaldeverin.com

Nais e estudantes do IES de Mos que decidiu prohibir aos rapaces vir disfrazados este venres con ameaza de sancións, tal e como adiantou XdV, comparan esta medida coa Ditadura de Franco. “É como se estiveramos na época de Franco”, asegura unha das nais en declaracións a Xornal de Vigo.

Un dos estudantes do centro di que é “inxusto e estúpido” que paguen todos por algo que fixeron uns poucos, en relación a uns actos vandálicos no centro que aconteceron o pasado Nadal e que motivaron a decisión da dirección.

Os pais lembran que hoxe terá lugar unha xuntanza da AMPA na que se dará conta desta decisión aínda que califican de “moi radical” a decisión do centro.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here