InicioVigo e contornaMosUn instituto de Mos prohíbe aos nenos ir disfrazados no Entroido baixo...

Un instituto de Mos prohíbe aos nenos ir disfrazados no Entroido baixo pena de sanción

PUBLICADO O

A dirección do IES de Mos remitiu unha carta a pais e estudantes no que informa que este venres, 1 de marzo, non haberá no centro a festa de Entroido e que “haberá clase normal desde primeira a última hora”. Ademais, infomrase de que, os e as alumnas que vaian disfrazados poderán ser sancionados “cunha Falta grave” xa que se trata “dun desafío á autoridade”.

A circular indica ademais que os alumnos e alumnas non poderán ir disfrazados, e se alguén o fai “avisarase á súa familia para que acudan a recollelo ou recollela”. Ademais, advirte que conlevará unha sanción e a retirada do dereito a participar en calquera actividade complementaria ou extraescolar durante un período dun mes a partir da tramitación da sanción”.

Esta medida está sendo duramente contestada nas redes sociais. De feito, algúns usuarios están a criticala duramente. Apuntan que se debe a un castigo da xefa de estudos tras aparecer unha parede pintada no centro e non atoparse ao culpable. Outros usuarios mesmo vinculan estes actos vandálicos con “drogas”.

Xornal de Vigo púxose en contacto co centro pero non houbo resposta. Desde a conserxería suliñaron que os membros da dirección “estaban moi ocupados” e deran orde “de non pasar chamadas”.

Esta é a misiva:

“A dirección do IES de Mos comunica que o vindeiro venres 1 de Marzo de 2019 haberá clase normal de primeira a última hora. Polo tanto, non se celebrará o Antroido. Os alumnos/as non poderán vir disfrazados/as. En caso de que alguén viñera disfrazado/a chamarase a casa para que o/a veñan a recoller. Ademais este feito será sancionado cunha Falta grave debido a que se trata dun desafío a autoridade. Como queda rexistrado no noso Regulamento de Réxime Interno e na Lei de Convivencia da Xunta de Galicia, a imposición dunha Falta grave conleva unha sanción e a retirada do dereito a participar en calquera actividade complementaria ou extraescolar durante un período dun mes a partir da tramitación da sanción”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...