InicioEconomíaVigo contará con voos directos a Palma de Mallorca, Eivissa, Menorca, Lanzarote...

Vigo contará con voos directos a Palma de Mallorca, Eivissa, Menorca, Lanzarote e Gran Canaria o próximo verán

PUBLICADO O

O aeroporto de Peinador de Vigo contará con voos directos a Palma de Mallorca, Eivissa, Menorca, Lanzarote e Gran Canaria o próximo verán, segundo informou o alcalde, Abel Caballero, que explicou que serán rutas que lanzará a aerolínea Air Nostrum sen axudas públicas.

En concreto, a empresa ofertará o destino de Palma de Mallorca con tres frecuencias semanais a partir do 15 de xullo, mentres que Eivissa tamén terá tres frecuencias desde o 23 de xullo. Menorca estará dispoñible desde o 16 de xullo con dúas frecuencias á semana, a mesma que terá Lanzarote a partir dese día. Gran Canaria comezará a operar o 2 de xullo con tres frecuencias.

Caballero reivindicou que o aumento do turismo na cidade provoca que as aerolíneas lancen a mercado este tipo de voos desde Peinador, que tamén conta con outras rutas como Madrid, Barcelona, Bilbao ou Santander, esta última apoiada polo Goberno autonómico de Cantabria.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...