InicioEconomíaTodos os portos galegos moveron máis mercancías ata outubro salvo o de...

Todos os portos galegos moveron máis mercancías ata outubro salvo o de Vigo

PUBLICADO O

movemento de mercadorías ata outubro aumentou no acumulado do ano en todos os portos galegos de titularidade estatal salvo no de Vigo. En total, superaron os 28,64 millóns de toneladas transportadas, segundo os datos de Portos do Estado.

Na Coruña, foron 11,9 millóns de toneladas ata outubro, un 24,4 % máis; en Ferrol-San Cibrao 9,72 millóns, un 15,53 % máis; en Vigo 3,88 millóns, un 1,78 % menos; en Marín e Ría de Pontevedra 1,84 millóns, un 4,61 % máis; e en Vilagarcía 1,3 millóns, un 4,5 % máis.

No conxunto estatal, os 46 portos de interese xeral do Estado, xestionados por 28 Autoridades Portuarias e coordinados por Portos do Estado, moveron 472.828.187 toneladas entre xaneiro e outubro de 2022, o cal representa un incremento do 4,56 % respecto ao mesmo período do ano anterior.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...