InicioEconomíaAlertan do "risco evidente" de deslocalización de Stellantis

Alertan do “risco evidente” de deslocalización de Stellantis

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, advertiu este mércores de que existe "un risco evidente de deslocalización" da planta de Stellantis en Vigo, pola "falta de resposta" do Executivo central.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, advertiu este mércores de que existe “un risco evidente de deslocalización” da planta de Stellantis en Vigo, pola “falta de resposta” do Executivo central.

Conde insistiu, en declaracións aos medios tras a Conferencia sectorial de enerxía, en que “o Goberno non está a atender ningunha solicitude de Stellantis, nin as necesidades de fondos europeos nin as necesidades do punto de vista eléctrico e de dependencia dun prezo competitivo”.

Nesta liña, reiterou que o Executivo de Sánchez “ten que dar unha resposta ás demandas” de Stellantis Vigo, relacionadas cos fondos europeos, así como a subestación eléctrica de Balaídos.

Así mesmo, o vicepresidente primeiro cualificou a reunión da mesa de negociación, constituída hai dous meses e celebrada este luns, como “unha crónica do fracaso que está a ter o Goberno no desenvolvemento do apoio ao sector da automoción”.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...