InicioEconomíaA Xunta subvencionará o transporte na ría de Vigo

A Xunta subvencionará o transporte na ría de Vigo

É a resposta ao anuncio do Goberno central de que o transporte en tren será gratuíto ata decembro.

PUBLICADO O

Xunta bonificará o 50% do billete nos bonos multiviaxe de autobús interurbano, así como do transporte na ría de Vigo e o tren de proximidade na área de Ferrol desde o 1 de setembro ata o 31 de decembro.

Así o anunciou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen avanzou que esta medida será publicada este xoves, 1 de setembro, no Diario Oficial de Galicia (DOG). Explica que a rebaixa incluirá os bonos xa adquiridos con anterioridade, “con efecto retroactivo”, e aplicarase ás viaxes coa Tarxeta de Mobilidade de Galicia e a Tarxeta Xente Nova.

Nun acto na estación de buses de Santiago, Rueda lamentou que o transporte de viaxeiros por estrada “non ten ningunha axuda concreta” por parte do Goberno central máis aló dun “anuncio”, polo que “a Xunta reacciona” ante “esa indefinición”.

A modo de exemplo, expuxo que un billete de bus de Santiago á Coruña custa 6,55 euros en efectivo. Coa Tarxeta de Mobilidade de Galicia ten unha bonificación do 10% actualmente (5,90 euros) e a partir do 1 de setembro pasará a custar 2,95 euros.

“ESFORZO IMPORTANTE”

Así, Rueda destaca que este é “un esforzo moi importante”, aínda que non ofreceu estimación do investimento que suporá esta medida, xa que dependerá da demanda, polo que se trata dunha partida “aberta” con cargo a fondos propios, “con independencia das achegas que despois poida facer o Goberno central”.

O director xeral de Mobilidade, Ignacio Mestre, explicou que “non está previsto ningún tipo de límite” no número de viaxes a realizar, coa condición posta polo Goberno central de que sexan bonos multiviaxe.

“ADAPTAR” A OFERTA Á DEMANDA

A preguntas da prensa acerca de se está previsto incrementar o número de autobuses con estes descontos, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, sinalou que, cos “datos analizados”, “hai buses para toda a demanda”, aínda que se abre á posibilidade de “adaptar” a oferta en función da demanda de ser necesario.

Pola súa banda, critica que o Goberno central non reforce as liñas de tren, pois “a problemática está constatada na mobilidade nos servizos ferroviarios, non no servizo de autobús que está a ofrecer a Xunta de Galicia”. “A Xunta de Galicia non vai trasladar que se eviten horas punta para coller o bus, Renfe si que está a trasladar que se eviten horas punta para coller o bus”, afirma Ethel Vázquez.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...