InicioEconomíaO PSdeG, "satisfeito" co diálogo "frutífero" entre Goberno e Stellantis por unha...

O PSdeG, “satisfeito” co diálogo “frutífero” entre Goberno e Stellantis por unha solución para a planta viguesa

Destaca que o feito de que a empresa non cumpra os prazos nos Perte non significa que deixe de recibir axudas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

PSdeG mostrouse “satisfeito” co diálogo “frutífero” que mantén o Goberno estatal co grupo Stellantis para “apostar de forma decidida polo futuro da automoción” e pola concepción dun novo “marco de apoio a unha industria estratéxica para Vigo e Galicia”.

Así o manifestou o secretario de Política Industrial e Transición Enerxética do PSdeG, Ángel Mato, que aplaudiu o “achegamento de posturas” entre as dúas partes para tratar novas liñas de apoio ao sector da automoción, “e máis concretamente ao grupo Stellantis, incluso fora do marco temporal previsto inicialmente nos proxectos estratéxicos previstos polos fondos Next Generation”.

“A imposibilidade de Stellantis de cumprir cos prazos previstos, nos Perte e facer os investimentos precisas non debe ser un impedimento para acceder ás axudas, aínda que sexan doutra natureza”, apuntou Mato, que destacou ademais que estes foron os termos da demanda trasladada por Formoso a Pedro Sánchez.

O responsable socialista de Política Industrial indicou ademais que a planta de Stellantis de Vigo “ten unha importancia capital non só para o tecido industrial galego, senón tamén para o conxunto de España”.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...