InicioEconomíaO Concello de Vigo busca abaratar un 30 % o prezo do...

O Concello de Vigo busca abaratar un 30 % o prezo do bus con axudas do Goberno central

O billete normal, se se paga con PassVigo, quedará en 0,62 céntimos.

PUBLICADO O

O Concello de Vigo solicitou ao Goberno de España recursos para financiar unha baixada do 30% do prezo do transporte público da cidade, servizo que presta a concesionaria Vitrasa, aos usuarios da PassVigo.

Tal como informou o alcalde, Abel Caballero, trátase dun desconto “importante” do prezo que teñen que pagar os viaxeiros, polo que esta semana acordouse co Goberno esa solicitude de recursos para que se poida facer efectiva.

Así, o billete normal, se se paga con PassVigo, quedará en 0,62 céntimos, mentres que os estudantes pagarán 0,60 céntimos. Pola súa banda, os universitarios abonarán 0,47 céntimos e o billete social será de 0,48 céntimos. Os pensionistas seguirán viaxando gratis, como ata agora.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...