InicioEconomíaArmadores de Vigo impulsan a dixitalización da frota

Armadores de Vigo impulsan a dixitalización da frota

Farase unha proba piloto en cinco buques cunha subvención do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) impulsará a dixitalización da súa frota mediante o proxecto MSAFA, tras recibir unha subvención do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para a implantación de equipos de conectividade, ferramentas de mellora da xestión pesqueira e sistemas de teleasistencia médica en cinco dos seus buques.

Tal como indicou ARVI, coa recuperación económica e os obxectivos da axenda 2030 tan preto, a dixitalización do sector pesqueiro é máis necesaria que nunca.

Por iso, o Proxecto Piloto para a Mellora Social e Ambiental da Frota de ARVI (MSAFA) pretende impulsar a dixitalización da actividade pesqueira, o aspecto social e o ambiental da frota mediante a instalación e implantación de equipos de conectividade, ferramentas de mellora da xestión pesqueira e sistemas de teleasistencia médica.

“O obxectivo xeral deste proxecto é avaliar mediante unha proba piloto a implantación de sistemas que permitan, a partir da dixitalización da frota, o desenvolvemento dunha pesca sustentable e resiliente, adaptándose ás variacións do medio mariño”, explicou ARVI.

Nesta liña, MSAFA contempla a instalación dunha serie de equipos de conectividade que, ademais de permitir unha comunicación continua con terra mellorando a calidade de vida dos tripulantes, servirán de base para a instalación dos equipos de telemedicina.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe o fin da “batalla de egos” entre Xunta e Concello que bloquea a recuperación da ETEA

O BNG de Vigo volveu instar este mércores á Xunta de Galicia e ao...

O PP de Vigo denuncia un pago de 1,1 millóns a DomusVi polo servizo de Axuda no Fogar “sen contrato”

O PP de Vigo denunciou que o Concello terá que pagar 1,1 millóns de...

Caballero crítico co borrador da lei de administración local: “Home, o primeiro é o alcalde de Vigo’

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afeou á Xunta que non se lle solicitase...

A Universidade de Vigo impulsa a dixitalización da acuicultura atlántica

Investigadores do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo participan no proxecto...