InicioEconomíaMáis de 2.800 turistas e peregrinos visitaron Tui en xuño

Máis de 2.800 turistas e peregrinos visitaron Tui en xuño

O turismo que en xuño se rexistrou na cidade foi maioritariamente estatal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis de 2.800 persoas solicitaron información durante o mes de xuño na Oficina
Municipal de Turismo de Tui. Das 2.873 persoas que se achegaron ata este punto de información, 1.176 eran peregrinos e 1.697 turistas.

O turismo que en xuño se rexistrou na cidade foi maioritariamente estatal. Madrid con 281 persoas, seguida de Barcelona 281 e Pontevedra con 94 foron os principais puntos de orixe das persoas que visitaron a cidade. Mentres, Arxentina con 24, Portugal e Alemaña con 21 persoas, Reino Unido con 19 e EEUU con 18 foron os países de procedencia maioritarios do turismo internacional.

Así mesmo, segundo datos trasladados polo concello, en xuño pasaron pola Oficina Municipal de Turismo 1.176 peregrinos, dos que 728 eran estatais e 448 internacionais. Ademais, no mes de xuño 11.820 persoas realizaron o Camiño Portugués. Deste total 3.571 saíron de Tui, que se mantén coma cuarto punto de saída de peregrinos cara a Santiago tras Sarria, S. Jean P Port e Porto. Valença sitúase no sexto lugar con 1.656 peregrinos.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valora positivamente estes datos do mes de
xuño, que consolidan a “boa evolución que o turismo está a rexistrar na cidade”.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...