InicioEconomíaA xuíza chama a Cruise Yacth e Prothero a aclarar se Barreras...

A xuíza chama a Cruise Yacth e Prothero a aclarar se Barreras forma parte dun “grupo empresarial”

Os sindicatos sosteñen que detrás dos donos do estaleiro hai un grupo con unidade empresarial, e que hai indicios de que se puido producir unha "confusión patrimonial".

PUBLICADO O

A xuíza do Mercantil 3 de Pontevedra (con sede en Vigo) ditou unha providencia na que admite a trámite a petición realizada por CC.OO. e CIG para tratar de aclarar se existe “grupo empresarial” detrás dos donos do estaleiro Barreras, que se atopa en fase concursal, e emprazou a comparecer á propietaria da concursada, Cruise Yacht Yardco LTD e o seu CEO, Douglas Prothero.

Segundo a resolución do xulgado, a maxistrada acordou, por unha banda, que Cruise Yacht e Prothero participen no período de consultas sobre o expediente de extinción dos contratos dos traballadores (ERE), e emprázaos a que comparezan na seguinte reunión da comisión negociadora, que terá lugar o mércores 22 de xuño.

Por outra banda, deu un prazo de cinco días tanto aos sindicatos como aos donos do estaleiro (que deberán comparecer no procedemento con procurador e letrado) para que presenten as alegacións que estimen oportunas con respecto á existencia ou non dun “grupo laboral de empresas”, despois da petición de CC.OO. e CIG respecto diso.

Nese sentido, os sindicatos sosteñen que, detrás dos donos de Barreras, hai un grupo con unidade empresarial, e que hai indicios de que se puido producir unha “confusión patrimonial”, ademais de diversas operacións entre as diferentes empresas.

A maxistrada avanzou que, dado que o período de consultas sobre o ERE xa está iniciado, resolverá acerca da existencia de unidade empresarial no mesmo trámite en que resolva sobre o ERE.

Fontes sindicais apuntaron que, se a xuíza ve acreditado que hai un grupo empresarial detrás dos donos do estaleiro, as condicións na que se resolva o concurso poden cambiar substancialmente, non só para os traballadores, senón tamén para os acredores. “Xa non poderían alegar que non teñen diñeiro”, dixeron as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...