InicioEconomíaPontevedra é a provincia con máis vivendas turísticas

Pontevedra é a provincia con máis vivendas turísticas

Ten case 5.400 das 12.700 que hai en Galicia.

PUBLICADO O

Galicia conta con 12.695 vivendas turísticas, de acordo cos datos publicados este xoves polo Instituto Nacional de Estatística e con cifras relativas a febreiro. Así se recolle na estatística experimental que publica o INE e cuxo obxectivo é estimar o número de aloxamentos de vivenda turística que hai en España, así como a súa capacidade, para dar resposta á crecente demanda de información que hai sobre esta materia.

Do total de vivendas turísticas, 4.981 están na provincia da Coruña; 1.673 na de Lugo e 5.370 na de Pontevedra. O resto, 671, concéntranse na de Ourense.

A porcentaxe de vivendas turísticas sobre o total de vivendas censadas a data de 2011 é do 0,79% en Galicia. Por provincias, en Pontevedra, é do 1,1%, mentres que en Lugo é do 0,77%. De acordo coa información do INE, na de Lugo esta porcentaxe sitúase no 0,75%, mentres que na de Ourense é do 0,27%.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...