InicioPolíticaTui presenta o proxecto de recuperación do Teatro Principal ao PIREP

Tui presenta o proxecto de recuperación do Teatro Principal ao PIREP

O alcalde, Enrique Cabaleiro, reúnese co arquitecto César Portela para revisar o proxecto de recuperación que vén de ser remitido ao Ministerio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, vén de reunirse co arquitecto César Portela e coa
arquitecta Ana Couto para impulsar o proxecto de recuperación do Teatro Principal. O equipo de César Portela actualizou o anteproxecto existente que opta ás axudas directas do PIREP (Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos).

O concello de Tui acaba de presentar o proxecto de recuperación do Teatro Principal a este programa do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana que ten como obxectivo a rehabilitación sostible do parque público institucional de titularidade e uso público.

O proxecto do equipo de César Portela contempla unha actuación integral e responderá a criterios de “sostibilidade, inclusión e calidade estética” previstos pola Nova Bauhaus Europea e recollidos no PIREP, sempre baixo os parámetros permitidos por Patrimonio, puntualizan dende o Concello.

O goberno de Tui dá así unha nova oportunidade a unha “demanda histórica” da cidadanía de Tui que, dende a primeira proposta de reforma nos anos 80, agarda o respaldo e apoio das administracións para recobrar o seu esplendor.

“A recuperación do teatro opta aos fondos do PIREP e ao apoio de máis administracións coas que precisaremos traballar para acadar o total do financiamento. A recuperación do Teatro Principal suporá un impulso para a zona vella e sumarase ás medidas que contemplará a Axenda Urbana para a dinamización do centro histórico”, sinalou o alcalde, Enrique Cabaleiro.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...